17.8 C
Santa Comba
martes, mayo 28, 2024

Abril de Libros nas Bibliotecas de Dumbría

O Concello de Dumbría programa actividades nas cinco bibliotecas municipais. No mes de abril as 5 bibliotecas municipais de Dumbría acollen actividades para a poboación infantil.

Para conmemorar o mes do Libro e o día mundial do libro e o dereito de autor, nas nosas bibliotecas estendemos a celebración ao logo do mes, programando diversas actividades de fomento da lectura e de promoción do uso das bibliotecas.

Continuando coa política de apertura destes centros á cidadanía e procurando que non sexan vistas coma meros contedores de libros, xa que deles saen historias, aventuras e saberes fantásticos, ofertamos un novo ciclo de actividades e actuacións: contacontos e títeres, maxia, obradoiros de ciencia, de manualidades,

Actividades cofinanciadas a través do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas:

Martes 16 abril, 18:00 h. Cantar e contar. Grandes éxitos 2004-2024. Caxoto, A Trastenda dos Contos (contos e música). Biblioteca de Berdeogas.

Venres 19 abril, 18:00 h. Debuxar Letras. Alba Farto (obradoiro de lettering) ( +7 anos). Biblioteca de Buxantes.

Martes 23 abril, 18:00 h. Coas mans na masa. OQO Editora. Biblioteca de Dumbría – O Conco.

Venres 26 abril, 18:00 h. De ciencias ou de letras? Experimentos na biblioteca. Antía Yáñez. (obradoiro científico). Biblioteca do Ézaro.

Martes 30 abril, 18:00 h. Robótica na Biblioteca. Átomos Biblioteca de Olveira.

O acceso a todas estas actividades é libre e gratuíto, ata completar aforo.

Despois da incorporación en 2022 de preto dun milleiro de exemplares de libros novos nas bibliotecas de Dumbría, e de que o pasado ano mellorásemos a colección, ao longo dos vindeiros meses estarán a disposición dos usuarios novas publicacións de álbums ilustrados, literatura infantil, xuvenil e tamén para persoas adultas. A

s 5 bibliotecas municipais están integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, o que permite a lectores de toda Galicia acceder a elas e facer uso dos seus fondos, ao mesmo tempo que lle abre as portas de todas as bibliotecas da Rede a todos os nosos veciños/as.

NOTA DE PRENSA DO CONCELLO DE DUMBRÍA

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos