9.7 C
Santa Comba
miércoles, junio 12, 2024

O concello da Laracha promove as Andainas na Primavera

O Concello da Laracha promove as Andainas na Primavera, que nesta quinta edición inclúe catro rutas a realizar nas próximas semanas por espazos naturais da Laracha e doutros municipios próximos.

O propósito é ofrecer á cidadanía unha alternativa para o aproveitamento do tempo libre e, ao mesmo tempo, potenciar os estilos de vida saudables coa promoción da actividade física.

Caión, Porta da Costa da Morte

A primeira cita será o domingo 14 de abril coa Ruta de Caión: Porta da Costa da Morte, incluída en A Laracha Activa. Trátase dun percorrido lineal de 12 km de distancia e dificultade moderada que discorre polos antigos camiños de peregrinación, dende a praza do Concello da Laracha ata o Santuario de Nosa Señora dos Milagres, e remata no Centro Sociocomunitario de Caión.

Por Cerceda e Tordoia

O día 21 a proposta será unha ruta xunto a un dos lagos artificiais máis grandes de España como é o das Encrobas, no municipio de Cerceda. O percorrido é circular, cunha distancia de 8 km e dificultade baixa.

Na xornada do domingo 28 de abril será a quenda para a ruta pola antiga vía ferroviaria entre Cerceda e Tordoia, hoxe reconvertida en Vía Verde. Faranse a pé 10 km entre a antiga estación de Cerceda e o apeadoiro de Gorgullos. O nivel de dificultade é baixo.
Por último, o 12 de maio a proposta será a ruta As pegadas do Bradoso na larachesa parroquia de Montemaior, recentemente homologada pola Federación Galega de Montañismo.

Os participantes realizarán un percorrido circular xunto ao río de 7 km e dificultade moderada. Ao longo do camiño, ademais de desfrutar do fermoso entorno fluvial, tamén descubrirán os restos de nove muíños de auga.

En todos os casos a saída será desde a Praza do Concello ás 9:30 horas e haberá transporte gratuíto. A participación vai dirixida en exclusiva a persoas -de calquera idade- empadroadas no termo municipal da Laracha. As inscricións son gratuítas e poden formalizarse acudindo á Casa do Concello ou chamando ao 981605001.

Nota de prensa concello da Laracha

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos