8.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 5, 2026

Un camión envorca na parroquia de Montemaior

No concello da Laracha


Segundo informan desde o Consorcio provincial osbombeiros do Parque Comarcal de Carballo foron alertados ao redor das 17:00 horas de onte, xoves 4 de marzo, dun accidente de tráfico no lugar de Carballa Redonda, pertencente á parroquia de Montemaior, no concello da Laracha.


Na chegada ao lugar, os bombeiros desprazados atoparon un camión que transportaba madeira envorcado de xeito lateral. A incidencia ocasionou a perda de combustible do vehículo provocando que o gasóleo alcanzase un regato próximo, sendo informado Augas de Galicia desta situación.


O condutor contou coa colaboración dun operario que traballaba no cargado do camión para saír do vehículo, e foi trasladado por este ao centro médico da Silva, tal e como informou a Policía Local da Laracha.


No operativo participaron tamén unha patrulla da Policía Local de A Laracha, outra da Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de A Laracha.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos