14.2 C
Santa Comba
miércoles, abril 3, 2024

Tres persoas resultaron intoxicadas pola mala combustión dun quentador de gas en Carballo


Todas foron trasladadas ao centro de saúde, dúas delas en ambulancia e a restante nun dos vehículos da Policía Local. Pola súa banda, os bombeiros confirmaron ao realizar as medicións correspondentes que se tratou dunha intoxicación por monóxido de carbono.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos uns dez minutos antes das 23 horas do domingo, cando o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 alertou de que varios dos ocupantes dunha vivenda da rúa Anllóns atopábanse indispostos.

Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informaron aos Bombeiros e á Policía Local de Carballo e á Garda Civil, así como aos técnicos da empresa subministradora do gas.

Unha vez no punto, o persoal sanitario encargouse do traslado das persoas, mentres que os equipos de emerxencias realizaron as tarefas de control e ventilación correspondentes.

INFORMACIÓN DE AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos