12.1 C
Santa Comba
lunes, junio 10, 2024

O BNG pide que se solucionen os problemas de calefacción na escola do Busto

O BNG de Santa Comba presentou un escrito no concello de Santa Comba no que esixe a solución inmediata dos problemas de calefacción da escola rural de Busto, na parroquia de Santa Sabiña.

Segundo o responsable local nacionalista, Juan David Sixto, é urxente poñer fin «ao deterioro absoluto de centros públicos do concello e, moi especialmente, neste centro rural que leva máis dun ano sen ter as condicións mínimas para a actividade educativa sen resposta algunha por parte do goberno municipal».

Declaracións de Juan David Sixto- BNG

Sixto manifestou a través dun comunicado que «unha vez máis vémonos na obriga de alertar da incomprensíbel situación que se dá na escola rural de Busto que leva xa máis dun ano con problemas graves no sistema de calefacción o que obriga a toda a comunidade educativa a estar nunhas condicións precarias, pasando frío nas aulas sen que o concello ou mesmo a Xunta, fagan nada para solucionalo».

Lembran que a demanda xa foi presentada hai un ano e recolle a solicitude da ANPA de A Tarandeira:

«É completamente incomprensíbel que o goberno local faga oídos xordos a esta demanda e continúe, un ano despois, sen poñer medios para solucionar este gravísimo problema. O goberno local está resignado a facer de Santa Comba un concello de segunda pero o BNG non calará para esixir os servizos públicos de calidade que a nosa veciñanza merece» declauro o portavoz do BNG.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos