O popular Francisco Charlín Oróns xa é alcalde de Laxe. Este venres 8 de marzo tivo lugar a súa investidura. Recolleu o bastón de mando do anterior alcalde, José Luís Pérez Añón, que deixou o cargo por motivos de saúde.
O novo alcalde comprometeuse a continuar desenvolvendo iniciativas que beneficien a todas as persoas de Laxe e que contribúan “ao avance e progreso do noso municipio. O meu obxectivo é ser, en todo momento, útil para a nosa veciñanza. Os nosos veciños e veciñas serán sempre a prioridade e as súas preocupacións e necesidades o que guíen as actuacións e accións que levemos a cabo”.
Ademais, durante a sesión plenaria, tamén tomou posesión a edil do Partido Popular Begoña Gegúndez Allo, que pasa a asumir as concellerías de Deportes e Pesca, ata o momento ocupadas por Charlín.
Asistiu á toma de posesión o Conselleiro do Mar en funcións, Alfonso Villares e o secretario provincial do Partido Popular, Evaristo Ben Otero.
Nova composición do goberno:
Tras a celebración do pleno e a aprobación do novo alcalde e a nova edil, os concelleiros delegados quedan asignados do seguinte xeito:
1. Concellería delegada de Deporte e Pesca: Begoña Gegúndez Allo
2. Concellaría delegada de Comercio, Hostalaría, Turismo e Cultura: Raquel Lema Allo
3. Concellaría delegada de Servizos Sociais, Emprego e Igualdade: Sandra Mouzo Pose
4. Concellaría delegada de Xuventude, Festas e Medio Ambiente: Daniel Mata Martínez
5. Concellaría delegada de Persoal, Obras, Servizos e Prais: Eulogio Constantino Castiñeira