Grandes oradoras en terras xalleiras

O equipo “eracheboa”, formado por alumnado que cursa Oratoria en 4º da ESO do IES Terra do Xallas, estará presente na fase final do certame de debate Alingua que se celebrará o 13 de abril en Val do Dubra.

Fan posible isto despois de gañar a fase previa disputada no multiusos de Santa Comba, na primeira das tres sesións que houbo desta iniciativa.

As/os representantes de Santa Comba destacaron pola súa oratoria, pero tamén pola posta en escea nos dous debates que protagonizaron.

Recibiron os parabéns do alcalde, Alberto Romar e da concelleira de cultura, Patricia Val Antelo.

Programa PIALE

O profesor do Departamento de Artes Plásticas do Instituto Terra do Xallas, Suso Samartinho, participou en Portugal no denominado programa PIALE, un programa integral de aprendizaxe en línguas estranxeiras, xunto cunha vintena de profesores galegos.

Foi unha experiencia de integración na vida escolar nun centro educativo portugués, concretamente na Escola profesional de Gaia.

Foi a “Fase A” deste programa, que se completará cunha segunda fase consistente na redación dunha memoria e a elaboración dunha proposta didáctica.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos