11.4 C
Santa Comba
viernes, enero 24, 2025

A Deputación priorizará a curva de Amarelle na mellora da estrada DP-2904

O presidente da Deputación provincial da Coruña, Valentín González Formoso, comunicou ao alcalde de Santa Comba, Alberto Romar, a intención de realizar melloras na estrada de Santa Comba a Coristanco (DP-2904), atendendo ás demandas do executivo local.

Desde o goberno provincial pretenden levar a cabo “unha actuación por fases coa prioridade de estudar a mellora da curva situada á altura de Amarelle”, situada no quilómetro 17 da estrada.

Como indican desde o goberno provincial “trátase dun punto especialmente perigoso, para o que se analizará a viabilidade dun trazado alternativo”.

Outro treito que se pretende mellorar é o das curvas situadas nas inmediacións de Almacenes Recarey, á altura de Padreiro (Castriz).

Segundo explicou Valentín González Formoso, a actuación sobre este punto, situado no quilómetro 15 da vía, ocuparía o segundo lugar na orde de prioridades da Deputación á hora de acometer melloras na seguridade viaria da DP-2904.

Xunto co alcalde, tamén participou na xuntanza o concelleiro de Obras, Pablo Negreira Souto.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos