Entre os afectados atópanse dous axentes da Garda Civil, un membro de Protección Civil e unha señora que habitaba a vivenda situada na Rúa de Santa Filomena, na parroquia de Buño, en Malpica de Bergantiños, A Coruña.
O 112 Galicia tivo constancia do lume ao fío das 06:30 horas mediante a chamada dun particular que residía na vivenda. Segundo o seu relato, a súa casa estaba envolta nun lume que a afectaba por completo, e a concentración de fume era considerable. A maiores destacaba que na vivenda atopábase unha persoa con mobilidade reducida, a cal precisaba axuda para saír.
Axiña, os xestores do 112 Galicia informaron do suceso aos Bombeiros de Bergantiños, aos membros do GES de Ponteceso, aos axentes da Garda Civil e aos membros de Protección Civil.
Con todo, segundo informan ao 112 Galicia, ardeu a casa por completo, exceptuando dúas habitacións, e a maiores, unha persoa tivo que ser trasladada ao centro hospitalario de referencia por inhalación de fume e tres persoas que formaban parte do equipo de emerxencia e que traballaban na extinción do lume resultaron feridas.
INFORMACION DO 112 GALICIA