17.8 C
Santa Comba
miércoles, abril 23, 2025

O BNG de Santa Comba apoia a promoción da Vía Céltica

Para o responsable local do BNG de Santa Comba, Juan David Sixto, «potenciar o trazado da Vía Céltica é de especial importancia para o desenvolvemento turístico e económico do concello de Santa Comba así como doutros municipios que atravesa”.

Destaca que “ademais do seu valor patrimonial é tamén un recurso turístico de grande calidade».

Sixto mantivo unha xuntanza co deputado de Patrimonio da Deputación da Coruña, Xosé Luís Penas, co fin de estudar iniciativas para contribuír á consolidación e difusión da Vía Céltica.

«A iniciativa parte da Asociación Costavales e, desde o BNG, queremos contribuír a potenciar este camiño e promover as vías para recuperar o rico patrimonio paisaxístico e patrimonial da vía» declarou o Sixto.

Hai uns días o portavoz nacionalista xalleiro visitou os restos da Ponte Vella (Río Castro), xunto co deputado Penas, cos alcaldes de Vimianzo e Muxía e o presidente de Costavales, entre outros.

Xosé Luís Penas comprometeuse a estudar as posíbeis vías de colaboración para a recuperación do patrimonio do camiño.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,150SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos