5.5 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Noticias Santa Comba. Xoves 29 de febreiro

Exposición de cans de Caza

O domingo 3 de marzo o recinto feiral de Santa Comba acolle unha Exposición de Cans de Caza, coa participación de 600 animais segundo avanzaba o presidente da sociedade de caza local, Pedro Nieto, en Radio Xallas.

Ao longo de toda a xornada haberá pulpeira, cantina con churrasco, simulador de tiro, touro mecánico, xogos tradicionais, taller artesanal de pesca, etc…

Actividades 8-M

O concello de Santa Comba presentou a súa programación con motivo do Día Internacional da Muller.


As actividades comezarán o venres 8 de marzo cun reparto de libros e , ás 12h, coa colocación dun lazo morado fronte ao Concello.


Durante a fin de semana haberá Obradoiro de Defensa Persoal impartido pola Asociación de Taekwondo IN-NAE., Exposición fotográfica 8M 2024 – Historia viva de Santa Comba e a representación da obra de teatro ANSELMA & LUISA – pola Compañía El telón Negro así como unha Andaina pola Igualdade e un concurso. Cartel ao final da noticia.

IV Clásica Gandeira Santa Comba

Ábrese o prazo para inscribirse na IV Clásica Gandeira de Santa Comba. Haberá probas de 10K, 3K e categoría infantil. As inscricións deben formularse na web de cronotec.es

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos