Actualización: O falecido tiña 28 anos e é de nacionalidade peruana. Miguel Ángel R.C.
FONTE AXEGA 112
Un traballador perdeu a vida esta tarde como consecuencia dun accidente laboral na Rúa Titanio, no polígono industrial de Bértoa, en Carballo.
Segundo informa o 112 o aviso chegoulles mediante o aviso do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ás 18:15 horas. Nesta comunicación indicaban que un traballador caera dunha certa altura neste punto e que se estaba mobilizando a aeronave medicalizada con base en Santiago de Compostela ata o lugar.
A maiores, desde o 112 Galicia tamén se informou do sucedido aos axentes da Policía Local e da Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil de Carballo.
Finalmente, o persoal sanitario confirmou que malia os esforzos, non se puido facer nada por salvar a vida do traballador.
IMAXE DE ARQUIVO

