O concello de Dumbría vai iniciar unha campaña de trampeo contra a Vespa Velutina.
Desde o consistorio convocan á toda a veciñanza a unha xuntanza que se celebrará o vindeiro venres 1 de marzo desde as 19h no centro social de Dumbría (fronte ao concello).
Neste encontro informarán da campaña e repartirán trampas entre os veciños interesados.

