Un accidente entre un autobús e dous coches sáldase cun trasladado, en Carballo.Cómpre sinalar que se trataba dun autobús escolar e que ningún dos estudantes resultou ferido.
Segundo informa AXEGA 112 a colisión produciuse minutos antes das 14:30 horas na Rúa Compostela, en Carballo.
Un particular foi quen alertou ao 112 Galicia dun accidente, sen poder explicar máis detalles do suceso durante a chamada. De contado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informaron do suceso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Carballo e Policía Local e Protección Civil do mesmo municipio.
Pouco despois de que sucedese o accidente, o propio condutor do autobús informou ao 112 Galicia de que se trataba dunha colisión contra dous turismos. Foi a Policía Local quen, unha vez no lugar dos feitos, puido comprobar que ningún dos pasaxeiros do autobús sufrira danos persoais, tratándose de 15 nenos que volvían ata os seus respectivos domicilios.
Sen embargo, un dos condutores dun dos coches implicados tivo que ser trasladado polos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ata o centro hospitalario de referencia.