4.7 C
Santa Comba
jueves, enero 23, 2025

Denuncian o estado dos vestiarios do campo de fútbol da Arliña

O Partido Popular de Muxía denuncia o estado dos vestiarios do campo de fútbol da Arliña “que se atopan practicamente inutilizables debido ás filtracións de chuvia”.


Para a portavoz municipal, Sandra Vilela, “é unha vergoña que Muxía non teña unhas instalacións deportivas á altura tendo que, nalgúns casos, incluso ir a competir a outros campos por falla de luz ou como é este caso que os vestiarios se atopen nun estado que dificultan moito o seu uso”.


Os populares critican que a pesar de que propuxeron a reforma integral do campo de fútbol e presentaron unha moción neste senso pero “o goberno municipal non tivo a ben nin redactar o proxecto”.

Falta de traballo e compromiso do goberno


Vilela pensa que unha vez máis demóstrase “ falla de traballo e compromiso do goberno liderado polo Sr. Toba co deporte xa que votou a favor desa moción pero logo non fai nada para levala a cabo demostrando tamén o cinismo político deste goberno que vota unha cousa e logo fai outra”.


Asegura tamén que no mes de novembro o concello de Muxía renunciou a unha subvención para material deportivo por importe de 9.675,16€ concedida pola Xunta de Galicia.

Os populares anuncian que levarán a situación dos vestiarios ao próximo pleno municipal do mes de marzo xa que “entendemos que debe facerse unha actuación urxente neles de cara a que no próximo inverno non volva a pasar o que pasou neste”, sen renunciar a demandada reforma integral.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos