As obras da rotonda de acceso ao Parador de Muxía estará rematadas antes de Semana Santa.
Esa é a previsión da Deputación provincial da Coruña que confirma que os traballos están moi avanzados “ e quedan pendentes os traballos de pavimentación e pintado para os que é necesario que as condicións climatolóxicas sexan boas”.
404.295 euros de orzamento
As obras, financiadas pola Deputación, supoñen un investimento de 404.295 euros e consisten la execución dunha rotonda cun diámetro de 30 metros no punto quilométrico 2+475, unha estrada anular de 8 metros de ancho e un diámetro central de 11 metros. A rotonda estará iluminada cunha luminaria de 3 brazos situada na isleta central.
Ademáis, o proxecto contempla a renovación do firme nos primeiros 2,5 quilómetros do vial cunha nova capa de mestura bituminosa en quente que substituirá ao antigo firme de regos con gravilla.
A actuación supón a mellora da seguridade vial e da ordenación do tráfico neste punto, onde había unha intersección para dar acceso aos lugares de Serantes, Cartel e O Vilariño e conectar coa estrada DP 2303 e co Parador de Muxía.