12 C
Santa Comba
miércoles, enero 22, 2025

Santa Comba contará cun catálogo de solos agropecuarios e forestais

Santa Comba solicita ó AGADER a elaboración do catálogo de solos agropecuarios e forestais do concello.

O concello de Santa Comba acaba de solicitar ó AGADER a elaboración do Catálogo de solos agropecuarios e forestais do concello de Santa Comba.

Dito catálogo clasificará a totalidade dos terreos agroforestais en agropecuarios ou forestais en función da súa aptitude produtiva actual e potencial a partir do análise de factores físicos, ambientais, estructurais, e socioeconómicos.


O catálogo procurará unha distribución idónea dos usos agrogandeiros e forestais e favorecerá o desenvolvemento destes usos frente ó abandono da terra agroforestal.
Nel establecese a regulación de usos permitidos, prohibidos e autorizables correspondente aos terreos agropecuarios e forestais.

O alcalde de Santa Comba, Alberto Romar, quere agradecer o compromiso da Xunta de Galicia para a elaboración de dito catálogo, e, o trato recibido na xuntanza mantida co persoal do Agader o pasado 10 de xaneiro, ante as inquedanzas plantexadas polos veciños.

Info- Nota de prensa do concello de Santa Comba

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos