As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do concello de Camariñas denuncian que están cobrando por debaixo das táboas salariais que recolle o seu convenio colectivo.
A empresa Sociser Galicia non lles actualizou os salarios no ano 2023 e tampouco aplicou a suba a principios de 2024, conforme ao que establece o convenio colectivo de Axuda no Fogar de Galicia.
Segundo as empregadas, Sociser pon como excusa que o concello tampouco lle quere actualizar o prezo do contrato, e que por elo non poden facer fronte aos custes salariais que suporían aplicar ditas subas salariais, xa que o prezo da adxudicación do contrato foi calculado conforme as táboas salariais do ano 2019.
Representantes das traballadoras, da UGT, mantiveron unha xuntanza coa alcaldesa e a concelleira de Servizos Sociais, na cal se lles fixo coñecedores desa situación, “a cal levoulles a ter que presentar por parte de cada unha das 25 traballadoras sendas demandas individuais, ademáis dunha demanda colectiva, a través da asesoría xurídica de UGT, para reclamar o abono da débeda que froito desa inaplicación das subas ten contraído a empresa con cada unha delas”.
Piden unha nova licitación
Instaron ao equipo de goberno local a “sacar uns novos pliegos que recollan a realidade do servizo no concello e os custes actualizados do mesmo para evitar que no sucesivo, a empresa que resulte adxudicataria non poda ter ningunha excusa para non aboar os salarios conforme a legalidade”.
Pídenlle ao goberno que preside Sandra Ínsua unha nova licitación do concurso.
Estas fontes informan que desde o concello de Camariñas a intención é “sacar un novo concurso para licitar o servizo de axuda no fogar e que xa estaban traballando neses novos pliegos, os cales esperaban telos listos ao longo deste mes de febreiro, e invitaron á representante das traballadoras a recoller as suxerencias e aportacións que por parte das traballadoras se lles poidera trasladar”.