Vimianzo acolle este sábado o seu tradicional concurso de disfraces, un punto importante da actividade lúdica desta fin de semana na Costa da Morte.
A partir das 17h na praza do concello. Neste concurso repártense 2.800 euros en premios nunha xornada amenizada polo grupo Eureka, abandeirado pola vocalista Fanny Sánchez e pola charanga Santa Compaña.
O domingo continúa a programación municipal cun baile social no Restaurante Pastoriza que contará con desfile de disfraces con premios.Os días 12 e 13 na Casa da Cultura haberá un curso de cociña entroideira.
Entroido en Baíñas
O sábado 17 de febreiro será o Entroido de Baíñas, con outros 2.870 euros en premios. Comenzará ás 18h.

