11.1 C
Santa Comba
viernes, febrero 16, 2024

Sábado de Entroido en Mazaricos

O Entroido chega este sábado a Mazaricos con senllas actividades para a veciñanza no interior e nos espazos anexos ao recinto feiral da Picota. Por unha banda, ás 17h dará comezo unha Gran Festa Infantil de Disfraces que se prolongará durante toda a tarde. Previamente, dende as 16h, terá lugar o III Torneo de Billarda de Entroido.

A festa incluirá un parque de inchables e obradoiros de maquillaxe e máscaras. As persoas asistentes disfrutarán de filloas da pedra e chocolate. Ademais celebrarase un concurso de disfraces con tres categorías (individual, parella e comparsa, cun mínimo de cinco persoas).

As e os gañadores escolleranse a través dun concurso en facebook, con votación do público ata o martes de Entroido. Haberá agasallos para toda a rapazada disfrazada o propio sábado, e ademais o Concello organiza un campamento de Entroido para nenas e nenos os días 12 e 14 de febreiro.

En canto ao Torneo de Billarda, arrincará ás 4 da tarde e reunirá un ano máis xogadores de todas as idades deste deporte tradicional. Para participar haberá que inscribirse previamente por whatsapp no número 680 600 806 indicando a idade da persoa participan

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos