15.4 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Cobertura electoral ampla e plural en Radio Xallas

A emisora local Radio Xallas está en campaña electoral. Non se presenta ás eleccións pero quere ofrecer a posibilidade de que os seus ouvintes poidan escoitar ás distintas opcións.

Alberto Romar: «A pluralidade é un sinal de identidade de Radio Xallas»

O director da radio, Xosé Manuel Lema, contactou con representantes das dez formacións que se presentan pola provincia coruñesa. “Non é sinxelo cadrar as axendas, pero xa temos confirmación de todos os partidos e polo tanto estamos orgullosos de dar voz a tódalas opcións”. Para Lema é “un exercicio democrático” e resulta “motivador que “desde o goberno local respaldaran esta aposta”.

Unha idea que apoia o alcalde xalleiro, Alberto Romar: “A pluralidade é unha seña de identidade de Radio Xallas. Así entendemos nós os medios, que sexan cercanos, participativos e abertos”.

Conscientes da repercusión comarcal tanto polo 107.5FM como por internet www.santacomba.es, e a audiencia fiel a través dos Podcast en Ivoox e Spotify, Radio Xallas quere situar a Santa Comba como capital da comunicación e como nexo entre Xallas, a Costa da Morte e a área de Compostela.

ESCOITAR RADIO XALLAS ON LINE

“Somos un cruce de camiños, un pobo de intercambio social e cultural, e queremos escoitar todas as voces e dar cabida a tódalas opinións. E as eleccións son unha ocasión de amosar o talante xalleiro” sentencia Romar.

Visita de Ana Pontón e rolda de entrevistas

Con este amplo operativo electoral terán voz nas ondas xalleiras non só o Partido Popular, BNG ou PSOE. Tamén Sumar, Podemos, Vox, Espazo Común, PACMA, Por un Mundo Máis Xusto, e Escaños en Branco. Tódalas opcións que se presentan os comicios do 18 de febreiro.

De feito a “caravana radiofónica xa comezou”. Convidáronse os 10 partidos e tamén, a maiores os líderes das tres forzas con representación.

A candidata a presidencia da Xunta polo BNG, Ana Pontón visitou os estudios de Radio Xallas o pasado de 29 de xaneiro, o candidato socialista Xosé Ramón Gómez Besteiro intervirá, vía telefónica este xoves, e polo PP, a secretaria xeral Paula Prado recibiu ao director da emisora na sede de Santiago.

Esta semana xa participaron no programa as candidatas Luísa Feijoo e Teresa Castro(Espazo Común Galeguista), Marina Fernández(Por Un Mundo Máis Xusto) e Isabel Faraldo (Podemos Galicia) e este xoves o líder socialista e o número 2 do PACMA pola provincia coruñesa, Adrián Abuín. O venres será a quenda dun representantes de Escanos en Branco.

A vindeira semana terá como protagonistas a candidatos de Vox e de Sumar, para rematar con candidatos provinciais de PSOE, BNG e Partido Popular.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos