Localizan o corpo sen vida dun octoxenario desaparecido desde onte en Ponteceso.
INFORMACIÓN DE AXEGA 112
Atopan falecido ao home de avanzada idade que desaparecera no día de onte na parroquia de Cospindo, en Ponteceso (A Coruña).
Foi un familiar quen, pasados dez minutos das 17 horas da tarde, chamou ao 112 Galicia para dar conta da situación e solicitar medios de intervención que puidesen colaborar na busca. Segundo informaba, o home saíra da casa unhas horas antes e non voltara ao domicilio.
Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia informaron da situación ás forzas da orde, as cales puxeron en marcha un operativo de busca. Así, a partir de aí, desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil, dos membros do GES de Ponteceso, dos axentes da Policía Local e dos membros de Protección Civil. Cabe destacar, que a este operativo tamén se sumou a Unidade de Drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA).
Desafortunadamente, ao fío das 12 horas deste mediodía, os servizos de emerxencia desprazados informaban ao 112 Galicia da localización do corpo sen vida do home nunha zona pantanosa a un quilómetro aproximado do seu domicili