9.8 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Dúas persoas foron trasladadas tras colidir un coche e un autobús en Cabana de Bergantiños


Os bombeiros interviñeron para limpar a vía. Ademais, o turismo quedou nunha finca próxima segundo informaron desde AXEGA 112

O 112 Galicia tivo constancia do accidente pasadas as 10:30 horas a través dun particular, que indicaba que un coche e un autobús acababan de chocar na estrada de Buño – Laxe, en Cesullas. Desde o primeiro momento apuntaron que había persoas que precisaban asistencia sanitaria.

Rapidamente, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Carballo, do GES de Ponteceso, da Garda Civil de Tráfico e dos operarios de mantemento da estrada.

Os servizos de emerxencias confirmaron que había dúas persoas feridas, unha en cada vehículo, que foron evacuadas. Outro implicado trasladouse polos seus propios medios ao centro sanitario, mentres que o resto dos pasaxeiros do autobús resultaron ilesos.

Finalmente, os bombeiros e os servizos de mantemento da estrada colaboraron para restablecer a circulación no punto.

FOTO DE ARCHIVO

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos