O secretario xeral dos socialistas de Galicia, Valentín González Formoso participou na inauguración da sede do PSdeG de Zas, acompañando á voceira local, Sheila Rial.
Tamén estiveron presentes, o secretario xeral provincial do partido, Bernardo Fernández Piñeiro, os alcaldes de Santa Comba, Vimianzo ou Dumbría, a candidata número 1 pola provincia, Patricia Iglesias e outros cargos socialistas.
“É unha gran noticia inaugurar unha Casa do Pobo, e neste caso, a primeira en Zas. Agradezo o impulso e a persistencia de Sheila para facer isto posible. Esta será a casa de todos osveciños e veciñas de Zas, un lugar coas portas abertas para recoller ideas e propostas que impulsen o avance do municipio e da Costa da Morte” manifestou González Formoso.

Novas canles de comunicación
Ademais de abrir a nova sede, os socialistas de Zas poñen a disposición da veciñanza novas canles de información e comunicación coa organización, como unha canle de WhatsApp pola que se difundirá toda a actualidade da agrupación local.
A veciñanza poderá ademáis contactar coa agrupación por teléfono, correo electrónico, Facebook ou Instagram.
“Queremos animar á veciñanza a que se sume á vida política do noso municipio, militando,colaborando e aportando, e facilitar o acceso á información, ser transparentes e tamén máis cercanos” dixo Sheila Rial.

