O alcalde de Muxía, Iago Toba, emitiu un comunicado no que “ofrece a posibilidade de que se faga público o documento que supostamente acredita que a empresa que presta o servizo do SAF non pague aos seus traballodores/as”.
Acusa a oposición e a “pseudorepresentantes” sindicais, de “mentiras e inxurias” e autoriza a que faga público “ o documento/acordo que supostamente está firmado por alcaldía e onde se menciona que a empresa que presta servizo do SAF en Muxía ten o dereito de non abonar as nóminas ás empregadas ata que o Concello non ingrese o importe da factura”.
En caso contrario aseigura que “fará de xeito público o documento real firmando por alcaldía esixirá unha desculpa pública ao Goberno local por parte de todos e todas os que os que faltan á verdade”.
Críticas a BNG, PP e o sindicato CIG
Indica que “o BNG de Muxía debería dedicarse a controlar a agresividade dos membros da súa lista nos últimos tempos, xa que considera fóra de lugar e con falta de altura de miras”.
Tamén lanza críticas contra o Partido Popular “ que afirmou que este problema de pago interanual tan só pasa en Muxía, que a señora Vilela, xa que non é Diputada e figura no derradeiro posto da lista ao Parlamento mentres outros compañeiros/as da comarca ascenden, lle pregunte ao compañeiro do seu partido e alcalde do PP de Laxe como vai a realizar un pleno co asunto de pagar o servizo de SAF de novembro e decembro, e que lle pregunte si as empregadas da empresa cobraron nese caso”.
E por último lanza unha mensaxe a CiG “preocupada mais polos resultados do BNG nas vindeiras eleccións autonómicas de 18F, tamén teñen a oportunidade de facelo público, xa que afirmaron a existencia de ese suposto documento”.
Iago Toba “condena o silencio mantido durante todo este tempo coas súas traballadoras por parte empresa que presta o servizo do SAF de Muxía”

