O BNG de Santa Comba alerta do mal estado das caldeiras e demanda unha inmediata solución despois que se contaran ata catro incidentes en menos dun mes.
O portavoz local, Juan David Sixto advirte que «a situación é crítica e é necesario tomar medidas xa, porque corremos o perigo de que poda suceder un accidente de gravidade con risco para as persoas».
Lembran que “ nós xa denunciamos en repetidas ocasións o lamentable estado do centro e, concretamente, os problemas ocasionados pola mala combustión das caldeiras que podían chegar a ser graves”.
O BNG denuncia tamén o deterioro xeral do Centro de Saúde con graves problemas como as pingueiras de auga “que caen en todo o centro obrigando mesmo a colocar baldes en determinadas localizacións para conseguir que os pacientes non escorreguen ou o estado das xanelas, con dificultades para abrir e pechar”.
Informes sobre deficiencias no Centro de Saúde de Santa Comba
Sinalan que os informes de investigación emitidos polo propio SERGAS despois dos incidentes cualifícanse tres de leves e un de grave e sitúan a causa nas deficiencias atopadas nas caldeiras da calefacción que provocan unha mala combustión e xeneran grande cantidade de fume.
Pola súa parte, a CIG-Saúde, emitiu outro informe no que se expoñen as deficiencias observadas, algunhas «de extrema gravidade» e demanda actuacións preventivas como a reparación as caldeiras ou a revisión e posta en funcionamento da central de alarma.