9.7 C
Santa Comba
miércoles, enero 7, 2026

Eirón celebrou o III Día da Loita da veciñanza comuneira

Celebrouse o III Día de Loita da Veciñanza Comuneira na Defensa do Monte Veciñal no concello de Mazaricos, coa participación de máis de medio cento de persoas.

As actividades, organizadas polo Instituto Galego das Terras Comunitarias (INGATECO) comezaron no local social de Eirón coa benvida por parte do alcalde, Juan Blanco.

O profesor do departamento de Economía Aplicada da USC, Edelmiro López Iglesias. Ofreceu unha charla sobre «O futuro dos Montes Veciñais en Man Común na Galiza rural do século XXI»

Posteriormente falou Xosé Alfredo Pereira, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM), que celebra 25 anos de existencia.

A continuación, a xornada trasladouse ao monumento a Che de Pedro nos montes de Eirón, onde se colocou unha ofrenda floral e interviron os seus familiares.

Neste lugar, un monólito de pedra sinala dende 1998 o lugar dos feitos, e acolleu un ano máis esta homenaxe. A familia de Xosé Esperante agradeceu á organización a recuperación da memoria do acontecido.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos