Concurso de disfraces 2024 en Vimianzo

O Concello de Vimianzo presenta unha programación de Entroido para todos os públicos que está protagonizada polo tradicional concurso de disfraces, no que se repartirán 2.870 euros en premios.

O certame contará con catro categorías:

• Na de comparsas poderán participar agrupacións formadas por un mínimo de 20 compoñentes, que garden unha unidade temática e que desfilen ou realicen algunha actuación. 

• Na categoría de grupos terán cabida aquelas agrupacións formadas por un mínimo de tres e un máximo de 19 compoñentes, que igualmente garden unha unidade temática e que desfilen ou realicen algunha actuación. 

• En canto ás parellas, a agrupación será dun máximo de dous compoñentes, que deberán gardar tamén unha unidade temática.

• Por último, a categoría individual infantil será para as persoas menores de 16 anos que concursen individualmente.

Todas aquelas persoas que desexen participar deberán inscribirse previamente. Poderano facer desde a publicación das bases no BOP ata o 8 de febreiro de 2024 ás 23:59 horas, a través da Sede Electrónica Municipal ou presencialmente no Rexistro.

A orde do pasarrúas e nas actuacións será determinado en función da orde de inscrición, xa que a cada solicitante seralle asignado un número dorsal, que deberá ser recollido ese mesmo día.

A xornada estará animada desde o comezo coa música da charanga Santa Compaña e a orquestra Eureka.

Desde o Concello animan á veciñanza a participar e “repetir o éxito de participación e diversión que temos cada ano por estas datas”.


Nota de prensa do concello de Vimianzo

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos