Dumbría prepara o seu gran Entroido

Dumbría brilla con luz propia cada Entroido. O pavillón polideportivo do Conco acollerá o vindeiro domingo 11 de febreiro o seu popular concurso.


A partir das 17h as comparsas terán o punto de concentración na praza do concello para iniciar un desfile ata as instalacións deportivas.

Premios comparsas Dumbría


O concello reparte máis de 2.000 euros en premios. No apartado de comparsas haberá tres premios de 1.000, 500 e 300 euros respectivamente para os primeiros clasificados.


As comparsas que non resulten premiadas terán unha axuda económica de 200 euros. O prazo de inscrición para as comparsas estará aberto ata o xoves 8 de febreiro (oficinas municipais).


Tamén haberá concurso individual, cun premio de 150 euros ao disfraz individual máis orixinal. Tódolos nenos disfrazados recibirán un agasallo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos