Despois de varias lexislaturas o PSOE volve a ter representación no concello de Zas, na figura da concelleira Sheila Rial que pensa que é necesario outro xeito de facer política:
“Zas é un concello estancado. O goberno carece de ideas novas e non mira polas necesidades que están sen cubrir como algo básico como son os saneamentos e abastecementos. Hai total deixadez. Están coa política do aforro”.
Nunha entrevista no programa Na Encrucillada de Radio Xallas, Rial criticou ao goberno do BNG “que tendo maioría absoluta non aproba os orzamentos” pero tamén ao Partido Popular que “o único que fai é darlle a noraboa ao alcalde cando fai algo”.
Escoita a entrevista a Sheila Rial a partir do minuto 65 deste Podcast
Asegura que nestes meses xa se percibe o traballo dos socialistas:”Estamos levando as preocupacións da veciñanza os plenos”.
Anuncia que seguirán traslandando proposta fronte a “continuidade” do executivo local, insiste na necesidade duns orzamentos, da difusión das sesións plenarias, dos servizos básicos e do apoio ao comercio local entre outros aspectos.“Zas é un concello cheo de oportunidades” dixo a portavoz do PSOE.
Sheila Rial tamén adiantou neste programa que formará parte da candidatura do PSOE ás eleccións autonómicas e defendeu a opción de Gómez Besteiro.