Iago Toba: “En apenas 48 horas estaba solucionada a incidencia no CEIP de Vilarmide”

O equipo de Goberno local do Concello de Muxía difundiu un comunicado de prensa para aclarar que actuou seguindo estrictamente os protocolos de seguridade “para solucionar en dous días” a situación da agua no CEIP Vilarmide Eduardo Noya, solventado a incidencia o 10 de xaneiro.

“Actuamos en canto tivemos coñecemento da situación e seguindo as analíticas e os informes oficiais. Oxalá aprendan de nós o Partido Popular e poidan xestionar os problemas medioambientais con esta celeridade e eficacia. En apenas 48 horas estaba solucionada a incidencia”, indicou o alcalde, Iago Toba.

«Politizar os colexios non da resultado»

“Politizar os colexios non da resultado, como xa o demostraron os populares de Muxía co CEIP dos Muíños”, engade o rexedor que amosa a súa “preocupación pola deriva e a falta de altura de miras da oposición que pretende manipular e sacar rédito destas situacións e a costa de alertar a pais e nais”, engade o rexedor.

“Preocúpame a deriva e a baixeza moral tanto de PP como de BNG, que parécense cada vez máis na forma de facer e de entender a política. Este equipo de goberno vai seguir traballando por e para Muxía e, una vez máis, a verdade e os informes desmontan a manipulación” engadiu.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos