8.1 C
Santa Comba
sábado, mayo 10, 2025

García Pose: ”Non somos de impoñer ou esixir somos de ter argumentos”

O alcalde de Coristanco afronta con “satisfacción e responsabilidade” este novo mandato logo do apoio importante (67% dos votos e 10 de 13 concelleiros) recibido as pasadas eleccións.

“Fixemos un traballo intento, nobre e sereno e non podemos baixar o ritmo, de feito a intensidade da contratación segue sendo extraordinariamente alta”, suliñou Juan Carlos García.

“Con normalidade, confianza e a colaboración de todos os departamentos do concello as cousas funcionan” destacou.

Nunha entrevista no programa Na Encrucillada de Radio Xallas, o mandatario puxo en valor que xa teñen os orzamentos aprobados e en vigor, os proxecto do POS “definidos e feitos” nuns meses nos que “estamos encamiñando o resto da lexislatura xa que nós traballamos cunha programación”.

Escoita a entrevista en Radio Xallas- Desde o minuto 60 deste Podcast

Actuacións de melloras viarias, en centros educativos, abastecementos, eficiencia enerxética, xestións do parque empresarial son apartados destacados da xestión gobernamental.

Prioridades en Coristanco

García Pose ten como retos precisamente rematar coas xestión do Polígono, construír un auditorio na praza de Santa Marta, o novo local social de Santa Baia, promoción da Vía Céltica, “ a promoción do territorio a través da pataca”, un espazo permanente para a divulgación deste produto, continuar resolvendo os puntos de vertido e achegando o abastecemento municipal ás traídas veciñais e continuar ofrecendo “unha administración áxil e unha política fiscal de interese para as empresas”.

Ser o segundo concello da comarca e o 13 da provincia en licitación é un dato moi positivo “que nos motiva a seguir traballando”.

Moitos dos proxectos contan con financiamento das administracións, nomeadamente a Xunta de Galicia: “Temos unha boa relación coas administracións . Hai que tender pontes con sensatez. Nós facemos os deberes e ofrecemos colaboración. Non somos de impoñer ou esixir somos de ter argumentos”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos