8.1 C
Santa Comba
jueves, mayo 16, 2024

Denuncian a falta de auga potable no colexio de Vilarmide

PP e BNG piden explicacións ao goberno local

O BNG de Muxía expresou a súa inquedanza pola falta de auga potable no colecio Eduardo Noya de Vilarmide, e solicita que “se fagan as xestións oportunas para identificar a fonte de contaminación, parece ser que por fecais, e que se adopten as medidas oportunas para evitar que isto ser produza novamente”.

Aseguran que “o pasado venres día 5 de xaneiro o concello de Muxía comunicou telefonicamente a un traballador do colexio público Eduardo Noya de Vilarmide –de infantil e primaria- que, segundo informe da analítica de data 2 de xaneiro, a auga non cumpría cos requisitos de potabilidade por terse rexistrado a presenza de bacterias coliformes”.

A dirección do centro pediu ás familias que o alumnado “trouxera auga para beber tanto no tempo de lecer como nas clases e no comedor escolar realizouse una provisionamento de auga embotellada”.

Tamén lle solicitou, segundo o BNG, á alcaldía faciliten información máis específica e indicacións oportunas dos usos para os que se pode destinar ou non e o prazo de tempo non que se prevé solucionar este problema, xa que desde o centronon teñen, por agora, ningunha comunicación ao respecto mais que unha copia da analítica.

A voceira nacionalista insta ao goberno socialista a tomar dunha vez por todas en serio a prestación deste servizo esencial”. Lembran que hai problemas en varias zonas do concello.

“É público que ten problemas de presión en áreas da parroquia de Moraime, non está garantido en boa parte do concello, o cal obrigou a gastar arredor de medio millón de €uros nos dous últimos anos para encher depósitos con camións cisterna e rexistrou incidencias por contaminación en distintos momentos”.

Pregunta do Partido Popular

A portavoz do Partido Popular de Muxía vén de anunciar que rexistrou un escrito dirixido ao Concello de Muxía preguntándo pola situación da auga neste centro.

“Parece ser que xa levan días así e entendemos que non podemos permitirnos esta situación. Non poden usar auga para beber pero tampouco para cociñar, nin para lavar a comida, por exemplo” explica a portavoz popular que continúa expoñendo que “entendemos que cando isto pasa nun colexio a toma de decisións teñen que ser rápidas, non podemos ter sen auga un colexio durante días” declarou a portavoz popular, Sandra Vilela.

Os populares que esperan que se tomen medidas de xeito urxente para solucionar esta problemática lamentan os contratempos que esta situación poda xerarlle aos usuarios e ao propio centro e tamén plantexa que “é inaudito para nós que no ano 2023 teña que ser o centro quen clore a súa propia auga dado que non se lle da unha traída de auga clorada dende as administracións locais. Igual é momento de replantexarse a situación desta auga” conclúe a portavoz.

FOTO PÁXINAS GALEGAS

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos