Dúas persoas feridas nunha saída de vía en Coristanco

Ambas foron evacuadas en ambulancia polo persoal sanitario segundo informou 112 Galicia nun comunicado.

Un particular contactou co 112 Galicia dez minutos despois das 23:30 horas do xoves e explicou o que aconteceu: o vehículo accidentouse na recta que conduce de Coristanco a Agualada e, xa desde o primeiro momento, o alertador indicou que dúas persoas que viaxaban no seu interior precisaban asistencia sanitaria.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo para o que se solicitou a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Ponteceso, da Garda Civil de Tráfico e dos voluntarios de Protección Civil de Coristanco.

FOTO-ARQUIVO

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos