Información facilitada pola central AXEGA 112.
Por fortuna, ningunha persoa resultou ferida. En canto á vivenda, ardeu o garaxe, no que había dous vehículos almacenados, e as estancias contiguas e superiores quedaron afectadas polo fume.
Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ao fío das 21:30 horas para alertar dun lume na súa casa, situada en Xallas de Castriz. Pouco despois, outro alertador contactou concretando que o que ardía era o garaxe.
Decontado, os xestores do 112 Galicia activaron un operativo no que participaron os Bombeiros de Carballo, a Garda Civil, a Policía Local e os membros de Protección Civil de Santa Comba.
Pasaban as 22:45 horas cando os servizos de extinción deron por controlado o lume, no que seguiron traballando durante varias horas para a súa completa extinción e para levar a cabo as tarefas de ventilación.
FOTO-Bombeiros de Carballo