O BNG denuncia retrasos de “até dúas semanas” nas citas de atención primaria nalgúns centros médicos da Costa da Morte como Camariñas ou Cee “por falta de persoal”.
Critican que estase a precarizar o servizo pola falta de médicos e persoal de enfermería. Uns retrasos que tamén afectan, en menor medida, ás localidades de Lira, O Pindo ou Dumbría.
Críticas á xestión do PP
Desde o BNG aseguran que “esta dinámica de deterioro da sanidade pública é unha constante nos últimos anos co PP na Xunta, primeiro con Núñez Feijóo e agora con Alfonso Rueda”.
O responsable comarcal do BNG, Xurxo Rodríguez Baña, subliñou “a nefasta xestión e nula previsión sanitaria da Xunta do PP, sendo coñecedores que dende hai 15 dias existe un repunte moi importante de Gripe A e Covid”.
Rodríguez Baña engadeu que “unha vez máis amósase o abandono do PP da sanidade comarcal, ao igual que pasa co hospital de Cee, que non aumenta as especialidades que a cidadanía da Costa da Morte demanda”.

