14.7 C
Santa Comba
miércoles, junio 25, 2025

247 axudas á natalidade e a escolarización en Vimianzo

O Concello de Vimianzo concedeu para o presente curso 247 axudas á natalidade e á escolarización, para as que se aplicaron partidas de máis de 40.000 euros.

En tanto en canto ás bolsas de apoio ao inicio do curso escolar, puideron optar ás mesmas alumnas e alumnos de segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, e ciclos formativos de Grao Medio e Superior empadroados e empadroadas no Concello de Vimianzo.

A concelleira de Benestar Social, María José Pose, insiste na “necesidade de que o Concello saiba atender as necesidades da veciñanza”, incidindo tamén en que “os comezos do curso escolar son, economicamente, complexos, e coas bolsas, podemos aliviar en parte este momento”.

Un total de 25 axudas por natalidade

Desde o Concello de Vimianzo tamén se indica que ata un total de 25 axudas por natalidade foron concedidas. Estas implican tanto nacemento de fillo ou filla, como adopción e acollemento en 2023.

Fonte- Nota de prensa do concello de Vimianzo

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,180SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos