Falece un ciclista en Santa Comba tras ser atropelado por unha ambulancia


Segundo informou AXEGA 112 un cicilista faleceu no concello de Santa Comba logo de ser atropelado.


Malia os esforzos, o persoal sanitario nada puido facer por salvarlle a vida ao home que circulaba en bicicleta cando foi atropelado por unha ambulancia.

Ao fío das 15 horas da tarde o 112 Galicia recibiu o aviso por parte dun particular dun ciclista atropelado por unha ambulancia na AC-546, no quilómetro aproximado 13, ao seu paso pola parroquia de Fontecada, en Santa Comba (A Coruña).

Axiña, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os cales nada puideron facer por salvarlle a vida ao varón.

A maiores, tamén foron informados os Bombeiros de Santa Comba, os axentes da Garda Civil e da Policía Local e os membros de Protección Civil de Santa Comba.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos