A portavoz nacional e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, compromete un novo modelo enerxético que impulse o autoconsumo para «democratizar» a riqueza enerxética do País, se obtén a confianza dos galegos e das galegas para ser a próxima presidenta da Xunta.
Fixo estas declaracións con motivo dunha visita que realizou as as instalacións de Piensos Alborés, empresa que optou pola implantación dunha planta fotovoltaica para a xeración de enerxía.
Estivo acompañada polo deputado Luís Bará e polo alcalde de Mazaricos, Juan Blanco. Tamén participaron na visita representantes da empresa E.nova Enerxía.
Denunciou que o modelo do goberno do PP que “entrega a riqueza eléctrica do País ás grandes enerxéticas».
Ana Pontón avoga pola creación dunha empresa pública de enerxía liderada pola Xunta e aberta á participación das entidades locais. «Un modelo que ten que quitar o poder ás eléctricas e, sobre todo, que ten que ordenar e planificar como queremos facer a transición enerxética e poñer a riqueza eléctrica do País ao servizo da sociedade galega».


