3.6 C
Santa Comba
sábado, enero 18, 2025

Nadal en Mazaricos coa Carreira do Leite e a Gran Tractorada de Reis

Mazaricos vivirá unhas fantásticas festas de Nadal onde salientan a Carreira do Leite e a Gran Tractorada de Reis

O Concello de Mazaricos elaborou un amplo e variado programa de Nadal co que celebrar estas festas tan especiais para a veciñanza. Espectáculos, festas e as tradicionais Carreira do Leite e Gran Tractorada de Reis conforman un programa para todos os gustos e idades.

A programación dá comezo na tarde deste sábado, 16 de decembro, co festival de Nadal da Escola de Música Moderna de Mazaricos. Será ás 5 da tarde na Casa de Cultura, na Picota, con entrada libre.

O martes 26 de decembro, a partir das 5 da tarde, as máis pequenas e pequenos da casa teñen unha cita na Festa Infantil que se celebrará no recinto feiral da Picota. Haberá inchables e moitas sorpresas para a rapazada.

O venres 29, a Casa de Cultura acolle a presentación do libro «Médicos e medicina na Costa da Morte. A figura do doutor Pérez Maroño». Estará presente o autor, Braulio Pérez Astray, e terá lugar ás 7 da tarde. O libro recolle parte da vida e as lembranzas nos lugares, aldeas e vilas da Costa da Morte do doutor Manuel Pérez Maroño, natural de Mazaricos.

A compañía Malasombra representa o seu espectáculo «Os fabulosos cleaners» o sábado 30 de decembro ás 5 da tarde na Casa de Cultura. É un sensacional espectáculo para todos os públicos con teatro e pompas de xabón. A entrada é libre.

Carreira do Leite de Mazaricos

O 31 de decembro celébrase a xa emblemática Carreira do Leite de Mazaricos, que acada a súa sexta edición. Corredores de todas as idades porán o broche ao ano cunha carreira onde prima a diversión e onde a organización anima un ano máis a utilizar disfraces e enfeites.

A carreira, con catro categorías de idade, comeza ás 11 da mañá na Picota e as inscricións xa se atopan abertas online. Cando remate, celebrarase o VII Brinde Leiteiro de Mazaricos, onde está convidada toda a veciñanza. Trátase dunha celebración de despedida do ano e exaltación do produto máis senlleiro de Mazaricos: o noso leite.

A noite de Reis é unha das máis especiais do ano para a rapazada. A tarde previa, 5 de xaneiro, as súas maxestades os Reis Magos de Oriente visitarán Mazaricos e percorrerán as rúas da Picota nunha Gran Tractorada de Reis. Partirá do recinto feiral ás 5 da tarde. Haberá agasallos para a rapazada e compartirase unha estupenda chocolatada.

Conciliación

O Concello ofrece un ano máis servizos de conciliación para as familias. O programa Conciliamos no Nadal celebrarase os días 26, 37, 28 e 29 de decembro, alén do 2,3, 4 e 5 de xaneiro. Incluirá actividades para a rapazada de infantil e primaria, en horario de 9 da mañá a 4 da tarde.

NOTA DE PRENSA CONCELLO DE MAZARICOS

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos