Atropelo múltiple na rúa Vázquez de Parga en Carballo

Tres persoas resultaron feridas en Carballo a causa dun atropelo múltipes segundo informa Axega 112.


Sucedeu pasadas as seis desta tarde na Rúa Vázquez de Parga, cando unha furgoneta saíuse da vía e bateu contra unha semáforo. Debido ao impacto, alcanzou a tres persoas, dúas delas foron evacuadas en ambulancia, mentres que a terceira acudiu aos servizos sanitarios en transporte particular.

Varias persoas contactaron co 112 Galicia para dar conta do que acontecía e pedir asistencia médica urxente: había unha persoa cun golpe na cabeza. 

Esta comunicación permitiu que se puxeran en marcha os protocolos correspondentes e mobilizáronse os equipos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como os axentes da Policía Local e os Bombeiros de Carballo.

En total, tres persoas resultaron feridas, e no mobiliario urbano tamén se detectaron danos, como o propio semáforo e un farol.

Foto-Google

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos