7.1 C
Santa Comba
domingo, diciembre 29, 2024

Pista de Xeo en Vimianzo desde este venres

Este venres, 15 de decembro, o Concello de Vimianzo inaugurará de xeito oficial a súa pista de xeo natural, que este ano estará localizada no lateral do Concello ata o 7 de xaneiro de 2024.

As persoas interesadas poden realizar xa a súa reserva para gozar desta instalación a través da aplicación Saudater ou da ligazón:

RESERVAR ENTRADA PISTA DE XEO DE VIMIANZO (ligazón)

A entrada básica, que ten un custo de cinco euros, inclúe os patíns e ten unha duración de 45 minutos, deixándose outros 15 para o cambio de calzado. Como complemento, poderase alugar o casco e material de apoio para facilitar a patinaxe. Será obrigatorio o uso de luvas.
Entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro, estará operativa en horario de mañá, de 11:00 a 14:00 horas, sendo a última quenda de 13:00 a 14:00 horas, e de tarde, de 16:00 a 23:00 horas, sendo a última quenda de 22:00 a 23:00 .

Dentro destes horarios, establécense as seguintes excepcións:

O día 15 de decembro a inauguración comezará ás 17:00 horas. A partir de entón, estará aberta ata a hora habitual de peche.

Os días 18, 19, 20, 21 e 22 de decembro só se poderá facer a reserva de tarde, de 16:00 a 23:00 (última reserva ás 22:00 horas), porque de mañá a instalación está reservada para outros colectivos.

Os días 24 e 31 de decembro a pista de xeo pechará ás 20:00 horas, sendo a última entrada ás 19:00.

Os días 25 de decembro e 1 de xaneiro o horario será só de tarde, a partir das 16:00 horas.
Fonte – Concello de Vimianzo- Pista de Xeo en Vimianzo

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos