14.7 C
Santa Comba
sábado, febrero 17, 2024

A oposición de Muxía agarda a proposta orzamentaria

Os portavoces de Independentes por Muxía, BNG e Partido Popular (Javier Sar, Mercé Barrientos e Sandra Vilela, respectivamente) aseguran que “a día de hoxe ningún dos 3 grupos que conformamos a oposición muxiana temos recibido por escrito, nin por ningún outro medio, ningunha proposta de cara aos orzamentos do vindeiro ano 2024”.

Nun comunicado queren “desmentir as declaracións feitas polo alcalde de Muxía no que trasmite que nos deu traslado aos grupos da súa proposta de orzamentos” pero sinalan que “a están agardando dita proposta de cara a ser negociada”.

«Chega tarde»

Consideran que a proposta “xa chega tarde” para que os orzamentos poideran entrar en vigor o 1 de xaneiro de 2024” o que é ” un síntoma máis da falla de previsión e traballo do actual goberno municipal”.

O alcalde de Muxía, Iago Toba, anunciou que pretendía buscar o maior consenso orzamentario posible coa “premisa innegociable é que non haxa suba de impostos municipais”.

FOTO- ARQUIVO – a concelleira do PP, Sofía López, xuntos cos voceiros de IxM e BNG, presentando a solicitude para a celebración dun pleno

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos