Un accidente múltiple con seis turismos implicados no concello coruñés de Cee, saldouse esta tarde con unha persoa ferida.
Segundo AXEGA 112 o accidente ocorreu minutos antes das 14:30 horas, na DP-2303, no quilómetro aproximado 11, ao seu paso pola parroquia de A Pereiriña.
Foi un particular quen, a esa hora, chamou ao 112 Galicia informando do accidente.
Decontado, os xestores do CIAE-112 Galicia informaron do sucedido a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, aos axentes da Policía Local e aos membros de Protección Civil de Cee.
Finalmente, os servizos de emerxencia desprazados ata o punto, informan ao 112 Galicia que no accidente houbo seis vehículos implicados, tres deles ían circulando e os outros tres estaban estacionados. A maiores, unha persoa resultou ferida.
Bombeiros da Costa da Morte
Desde os Bombeiros da Costa da Morte lembraron que hoxe volveu a estar pechado o parque de bombeiros po,a foilga que se está vivindo culpando da situación os políticos e a “nula xestión” do Consorcio Provincial.
Foto-Bomberos Costa da Morte


