6.1 C
Santa Comba
miércoles, febrero 28, 2024

Santa Comba acendeu o alumeado de Nadal por todo o alto

Luces de Nadal en Santa Comba. Centos de persoas (máis de 600 segundo fontes municipais) participaron no acto de acendido das luces de Nadal no concello de Santa Comba na alameda xalleira. Non faltou o chocolate e a rosca, nun evento que marca o inicio dunha ampla axenda de actividades para estas datas tan emotivas.

Xunto co acendido das luces, deuse a coñecer o nome dos gañadores do concurso de postais de Nadal.

“Impresionante participación”

O alcalde de Santa Comba, Alberto Romar, destacaba a “impresionante participación onde as previsións iniciais se quedaron moi moi cortas batendo records en relación a outros anos”.

Romar pedía disculpas porque houbera algunha xente que pola afluencia masiva quedara “sen chocolate pero non sen rosca”.

Non desaproveitou Romar a ocasión para «parafrasear» ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, no momento de acendido do alumeado.

Desde o concello de Santa Comba difundían a seguinte mensaxe:”O que máis brilla sempre no noso concello é a súa xente.Grazas ás máis de 600 persoas que nos acompañaron hoxe no acendido do alumeado de Nadal.Felices festas a tod@s @s xalleir@s!Seguimos coa programación e a axenda festiva para que este Nadal en Santa Comba sexa completo e especial”

Compartimos estas imaxes divulgadas polo propio alcalde xalleiro.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos