O concello de Dumbría presentou o seu programa de actividades de Nadal. As Casas Culturais estarán abertas durante estas datas para que a rapazada poda levar as súas cartas a Papá Noel, Os Reis Magos e o Apalpador.
Do 15 ao 21 de decembro Papá Noel conectará cos rapaces nas clases de informática.
O martes 26 de decembro haberá obradoiro de manualidades en Bustelo(16 a 19h) e un Scape Room na biblioteca de O Ézaro ás 17h (nen@s de 6 a 12 anos).
O mércores 27, este obradoiro será en Buxantes ( 16 a 19h). Ás 18,30h, Talía Teatro representará “Voa, Voa!” en Olveira.
Ao día seguinte (xoves 28), Ó Ezaro acollerá o obradoiro de manualidades e Garabato de Xogos ofrecerá un espectáculo de maxia en Berdeogas (18,30h).
Festa Infantil no Conco
O venres 29 haberá unha Festa Infantil no Conco (de 11 a 17,30h) con xogos, música, manualidades, pintacaras, globoflexia, xantar, transporte e Picadillu Circo de Nadal e Duende Sico.Para asistir a esta festa é preciso inscribirse no Concello ou nas Casas Culturais.
O martes 2 de xaneiro, o obradoiro de manualidades terá lugar en Dumbría(de 16 a 19h) e o mércores en Olveira (16 a 19h). Ás 18,30h, Pablo Díaz actuará en Buxantes.
O 4 de xaneiro, Berdeogas acollerá o obradoiro (16 a 19h) e O Ézaro un espectáculo de títeres (18,30h).
O venres 5 de xaneiro chegarán as súas Maxestades os Reis Magos a Dumbría. Estarán nas Casas Culturais.
16,00- Berdeogas
16,45- Olveira
17,30- Buxantes
18,15- O Ézaro
19,00- Bustelo
19,45- O Conco
FOTO PORTADA DUENDE SICO


