4.7 C
Santa Comba
jueves, enero 23, 2025

A Xunta responde ás declaracións de Besteiro na Costa da Morte

As declaracións do candidato do PSOE á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro prometendo a liberalización da peaxe na AG-55 e o remate da autovía da Costa da Morte obtiveron resposta por parte do goberno galego.

Nun comunicado a Xunta de Galicia advirtelle ao candidato do Partido Socialista “que  as autoestradas autonómicas son as máis baratas de España mentres que  as estatais, a AP-9 e a AP-53, as máis caras”.

Polo tanto manifestan que “se o PSdeG quere pedir a liberación dalgunha peaxe, que solicite que sexa nas autoestradas estatais porque son as que máis danan o peto dos galegos e a competitividade de Galicia”.

Lembran que foi “ o actual Goberno da Xunta o único que implantou bonificacións para os usuarios frecuentes das autoestradas autonómicas AG-55 e AG-57, que mantén desde 2010 e foi ampliando tamén ás familias numerosas e en horario nocturno.Ademais, en 2024, por segundo ano consecutivo e logo de ter reducido no ano 2022 á metade o impacto do IPC nas peaxes, manterá conxeladas as tarifas das autoestradas autonómicas AG-55 e AG-57, evitando o impacto negativo do IPC no peto dos galegos.”

Piden a Besteiro que informe das subas das peaxes

Desde a Xunta convidan a Besteiro a “informar aos galegos de canto van subir as peaxes da AP-9 e da AP-53 o vindeiro 1 de xaneiro”.

Para a Xunta as declaracións feitas polo candidato socialista “carecen de toda credibilidade, tendo en conta que que o PSOE non fixo nada por impusar a Autovía da Costa da Morte máis alá de escenificar varias veces a posta de primeiras pedras; que é o seu partido o que bloquea e mantén a súa negativa taxativa á transferencia a Galicia da AP-9; mantén as utoestradas estatais na nosa Comunidade, a AP-9 e AP-53, como as autoestradas que teñen as peaxes máis caras do Estado; ademais da rede viaria estatal nun pésimo estado de conservación”.

Compromiso coa autovía da Costa da Morte

Fronte a política de “primeiras pedras” do PSOE, desde a Xunta reivindican que foron quen “de poñer en servizo 27 km de autovía libre de peaxe entre Carballo e Baio”.

Manifestan que a vontade do executivo que preside Alfonso Rueda é “continuar impulsando a prolongación da autovía ata Camariñas” que queda posta de manifesto nos Orzamentos do vindeiro ano, “que reservan a partida necesaria para avanzar nos trámites necesarios de cara á súa materialización: 2 M€ en 2024 e compromisos futuros por 40 M€ máis“.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos