10.3 C
Santa Comba
miércoles, marzo 12, 2025

Máis de 3,2 millóns de euros para melloras en estradas de Xallas, Fisterra a Bergantiños

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, avanzou hoxe a licitación das actuación de mellora do firme nas estradas autonómicas AC-400, AC-414 e AC-445 ao seu paso polos municipios de Carballo, Cerceda, Tordoia, Santa Comba, Mazaricos, Muxía, Cee, Corcubión e Fisterra, que suporán un investimento conxunto de 3,2 millóns de euros.

Do investimento total previsto, 763.000 euros reservaranse para a mellora do firme nas estradas AC-400 (Sigrás-Muros) e AC.414 (o antigo vial Carballo-Buño), ao seu paso polo municipio de Carballo.

Concretamente, na AC-414 actuarase en toda a súa lonxitude, 3,63 quilómetros, para renovar completamente a capa de rodaxe e nas zonas máis deterioradas realizarase un fresado previo para saneo. A superficie de actuación supera os 25.000 metros cadrados.

Á espera do concello de Carballo

Nunha visita á comarca, na que estivo acompañado polos deputados autonómicos Rubén Lorenzo e Paula Mouzo Mas e polo alcalde carballés Evencio Ferrero, Trenor recalcou que a estrada AC-414 “está constituída en Carballo por dous treitos antigos da estrada AC-418 e carecen de funcionalidade na rede autonómica de estradas, sendo ou seu obxecto ou acceso para os veciños dous núcleos da contorna e, polo tanto, tráfico local e non de carácter interurbano”.

Segundo a Xunta, ante a falta de resposta por parte do Concello, o goberno galego decidiu acometer a mellora do firme, á espera de que o Concello de Carballo conteste a esa solicitude de asumir a titularidade deses dous treitos, tendo en conta que se trata dunha vía “con funcionalidade local que debe regularse conforme ás normas establecidas para as estradas municipais para mellorar ou seu servizo aos veciños”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,110SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos