Un total de tres persoas resultaron feridas tras unha colisión entre dous vehículos na AC-552, ao seu paso por Berdeogas -Dumbría, A Coruña.
Unha das persoas involucradas no accidente tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Cee, xa que, debido á inestabilidade do coche, a muller atopábase atrapada nel.
O sinistro tivo lugar ao fío das 09:30 horas desta mañá, cando o 112 Galicia recibiu o aviso por parte de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 dun accidente no quilómetro 80 da AC-552. Axiña, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse aos Bombeiros de Cee, á Garda Civil, aos membros de Protección Civil de Dumbría e ao servizo de mantemento da vía.
Unha vez no punto e tras rematar a intervención, os servizos de emerxencia indicaron que tres persoas foran trasladadas ao centro hospitalario de referencia, e unha delas excarcerada.
FONTE AXEGA 112

