Pleno en Santa Comba. Acordos varios e posible denuncia

Santa Comba adhírese á Asociación de concellos do Camiño de Fisterra e Muxía. Pleno ordinario celebrado en Santa Comba.

O pleno de Santa Comba comezou cunha declaración polo 25 de novembro a cargo da concelleira, Estefanía Calvelo. Sen moito debate aprobouse a adhesión do concello ao plan antifraude “Premadecor” da Deputación. Votou a favor o PSOE e abstívose o PP.

E por unanimidade aprobáronse unhas modificacións na ordenanza do IVTM. A concelleira Estefanía Calvelo(PSOE) explicou que se trataba de “facilitar un trámite as persoas con mobilidade reducida”, para que non teñan que realizar a renovación anual. Tamén se reformou a linguaxe da ordenanza.

Como estaba previsto aprobouse a adhesión do concello a Asociación de concellos do Camiño de Fisterra e Muxía. Noelia Baleato(PSOE)lembrou a importancia da ruta e que só este ano pasaron 23.000 persoas polo municipio.

A portavoz do PP, María Pose, queixouse pola falta de información nos distintos puntos:”Parece que veñen a acabar pronto”. O alcalde, Alberto Romar, recriminou algunhas das expresións usadas pola ex-alcaldesa.

Desde o PP xustificaron a non presentación de mocións “para que vostedes as rexeiten”. Romar convidou aos populares a presentar iniciativas pero advertiu que “nós decidiremos democraticamente o rumbo que sigue este pleno”.

No treito final do pleno, María Pose declarou que no concello “non se ve traballo polo pobo, están cobrando para nada”. O mandatario respostou que “o traballo vese na rúa”.

Procesos de selección de persoal

O punto máis polémico foi cando a portavoz do PP, con respecto a un proceso de selección de persoal dixo:”Parece ser que xa houbo reclamacións e alguén di que os procesos non foron tan legais”, referíndose a exames onde supostamente “alguén que non pasou a proba física, si que se dou por aprobado”.

Estas afirmacións levaron a Alberto Romar a avanzar que consultaría a asesoría xurídica do concello para “tomar medidas contra a señora Pose”, asegurando que “o proceso foi totalmente transparente”.Lamentou que a voceira popular estea «cruzando liñas”.

VÍDEO DO PLENO

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos